Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 1996 Páx. 3.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de licitación

Por acordo do Concello Pleno do día 21 de marzo de 1996, foi aprobado o prego de condicións que rexerá a explotación de cafetería sita no parque público da Xunqueira (Vilagarcía de Arousa), o que se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará canto resulte necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

1.-Obxecto de licitación: a explotación da cafetería sita no parque público da Xunqueira.

2.-Tipo de licitación: non se establece tipo máximo de licitación; deberán propoñelo nas súas ofertas os licitadores, axustándose ás regras da cláusula IV do prego de condicións.

3.-Exposición do expediente: na secretaría do Concello, tódolos días laborables durante as horas de oficina, agás o sábado.

4.-Prazo e lugar de presentación das proposicións: na secretaría do Concello, de 9.30 a 13.30 horas, durante o prazo de vinteseis días hábiles, contados desde o seguinte a aquel no que se publique o último anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

5.-Apertura de plicas: terá lugar no salón de sesións do Concello, ás 12 horas do día seguinte hábil a aquel no que remate o prazo de presentacións de proposicións. No suposto de que a apertura de proposicións corresponda celebrala nun sábado, suspenderase ata o día hábil seguinte.

6.-Modelo de proposición económica: deberá presentarse a proposición económica conforme o modelo que consta no prego de condicións.

7.-Documentos que deben presenta-los licitadores: a documentación que presentarán os licitadores é a prevista na cláusula XII do prego de condicións.

Vilagarcía de Arousa, 27 de marzo de 1996.

X. Xavier Gago López

Alcalde

2969