Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 1996 Páx. 3.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Polo presente, ponse en xeral coñecemento que o Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 12-4-1996, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de rúa peonil entre a Avda. de Santiago e a r/ Río Mao por instancia de Darío e Eligio López, condicionado ó cumprimento do informe do Servicio de Enxeñería.

De conformidade co artigo 117 do T.R.L.S., sométese a información pública perante 15 días, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio,

para que poida ser examinado e presentadas as alegacións procedentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 18 de abril de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

96-2609