Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 1996 Páx. 3.968

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO do 19 de abril de 1996 polo que se convocan probas selectivas para cubrir prazas de persoal laboral fixo da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Convócanse probas selectivas públicas para cubrir prazas de persoal laboral desa fundación:

Grupo A:

-4 prazas de médico especialista en hematoloxía-hemoterapia.

Requisitos mínimos: licenciado en medicina e cirurxía, especialista en hematoloxía-hemoterapia.

-1 praza de médico especialista en inmunoloxía.

Requisitos mínimos: licenciado en medicina e cirurxía, especialista en inmunoloxía.

-14 prazas de médico xeral.

Requisitos mínimos: licenciado en medicina e cirurxía.

-1 praza de técnico superior de bioloxía molecular.

Requisitos mínimos: licenciado en farmacia, bioloxía, medicina ou ciencias afíns. Especialista en análises clínicos.

-1 praza de farmacéutico.

Requisitos mínimos: licenciado en farmacia.

-1 praza de técnico superior de xestión.

Requisitos mínimos: licenciado en ciencias económicas e empresariais.

-1 praza de responsable de promoción.

Requisitos mínimos: licenciado en farmacia, medicina, bioloxía ou ciencias afíns.

Grupo B:

-26 prazas de axudante técnico sanitario (ATS/DUE).

Requisitos mínimos: diplomado universitario en enfermería (ATS).

Grupo C:

-21 prazas de técnico especialista en laboratorio (TeL).

Requisitos mínimos: titulación de técnico especialista de laboratorio FP-II.

-4 prazas de axudante de laboratorio.

Requisitos mínimos: titulación de FP-II, bachalerato superior ou equivalente.

-1 praza de técnico de mantemento.

Requisitos mínimos: titulación de FP-II (especialidade frío), experiencia de dous anos no manexo e mantemento de instalacións frigoríficas.

-5 prazas de promotor de doazón.

Requisitos mínimos: bacharelato superior ou equivalente.

-9 prazas de administrativo.

Requisitos mínimos: bachalerato superior ou equivalente.

Grupo D:

-7 prazas de auxiliar administrativo.

Requisitos mínimos: graduado escolar ou equivalente.

-16 prazas de auxiliar de enfermería/laboratorio.

Requisitos mínimos: titulación de auxiliar de enfermería. FP-I ou equivalente.

Grupo E:

-10 prazas de conductor/celador.

Requisitos mínimos: certificado de escolaridad ou equivalente. Carnet de conducir tipo D. Experiencia mínima de 2 anos.

-2 prazas de telefonista/recepcionista.

Requisitos mínimos: certificado de escolaridade ou equivalente.

Os interesados poderán recolle-las bases da convocatoria e o modelo de instancia no Centro de Transfusión de Galicia, Av. Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela. Poderán solicitar información no teléfono 26 90 95 de 9 a 15 horas.

O prazo de presentación das solicitudes e dos documentos esixidos será de dez días hábiles a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1996.

Roberto García de Villaescusa Collazo

Director Técnico da Fundación Centro de Transfusión de Galicia