Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 1996 Páx. 3.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia licitación para a contratación das obras de reforma nos vestiarios da Casa da Xuventude de Ourense mediante concurso público aberto.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar licitación para a contratación de obras mediante concurso público aberto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 7/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reformas nos vestiarios da Casa da Xuventude de Ourense.

b) División por lotes e número:

c) Lugar de execución: Ourense.

d) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 16.745.443 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 334.909 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Copy Estudio.

b) Domicilio: Rúa Nova de Abaixo, 19.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: (981) 59 33 85, para documentación: (981) 54 46 52, para información.

e) Telefax.

f) Data límite de obtención de documentos e informacíón: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis (26) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

2º Domicilio: San Caetano.

3º Santiago de Compostela. 15771.

(ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quito día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1996.

Javier Batán Rodríguez

Secretario Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

9603145