Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 1996 Páx. 3.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1996 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración e instalación da ampliación do equipamento para a sala de CAD dos centros de innovación e servicios (CIS) en Ferrol.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) da subministración e instalación da ampliación do equipamento para a sala de CAD dos Centros de Innovación e Servicios (CIS) en Ferrol.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf: (981) 54 11 87, fax: (981) 59 04 67.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación da ampliación do equipamento para a sala de CAD dos Centros de Innovación e Servicios en Ferrol.

b) Número de unidades que se van entregar: as indicadas no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega: na sede dos Centros de Innovación e Servicios (CIS) na Península da Cabana, en Ferrol (A Coruña).

d) Prazo de entrega: 30 días naturais desde o seguinte ó da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 22.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 440.000 ptas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Economica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 54 11 87.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se require clasificación.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo terceiro día hábil seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas.

Ás 9 horas do quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1996.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

3158