Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 1996 Páx. 3.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda dar publicidade ó acordo do 3-10-1995, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Guillar número 2591.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra,

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 3-10-1995, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Guillar nº 2591, sita en terreos do termo municipal de Rodeiro, provincial de Pontevedra, promovido por Jesús Vázquez Albor.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, á explotación do espacio delimitado polos paralelos 42º 42' 00'' 42º 41' 00'' norte, e polos meridianos 8º 00' 20'' 7º 59' 20'' oeste, e foi incorporada ó expediente do permiso de investigación Guillar nº 2591 encontrándose á disposición de claquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 11 de abril de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegación provincial de Pontevedra

2843