Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 1996 Páx. 3.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda dar publicidade ó acordo do 16-3-1995, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Picaraña número 2461.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra,

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 16-3-1995, da Comisión Galega

de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Picaraña nº 2.461, sita en terreos do termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra, promovido por Vda. de Marcelino Martínez e Hijos, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, á explotación do espacio delimitado polos paralelos 42º 12' 30'' 42º 12' 20'' norte, e polos meridianos 8º 29' 40'' 8º 29' 34'' oeste e foi incorporada ó expediente do permiso de investigación Picaraña nº 2.461 encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 11 de abril de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegación provincial de Pontevedra

2948