Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Sábado, 27 de abril de 1996 Páx. 3.949

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO-CONVOCATORIA dos representantes dos usos industriais de xeración de enerxía hidroeléctrica na Sección Galicia Costa na Xunta de Goberno do organismo autónomo Augas de Galicia.

O artigo 20.a, parágrafo primeiro do Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, polo que se aproba o regulamento do organismo autónomo Augas de Galicia, establece a presencia na Sección Galicia Costa da Xunta de Goberno dun representante elixido no ámbito territorial das demarcacións hidrográficas de Galicia Norte, Centro e Sur.

A tal fin relaciónanse os municipios comprendidos en cada unha das mencionadas demarcacións:

-Demarcación Galicia Norte.

Mañón, Ortigueira, Cariño, As Pontes de García Rodríguez, Cerdeira, Cerdido, As Somozas, Moeche, Valdoviño, S. Sadurniño, Narón, Ferrol, Neda, Capela, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Pontedeume,

Monfero, Miño, Vilamaior, Paderne, Irixoa, Aranga, Coirós, Oza dos Ríos, Sada, Bergondo, Betanxos, Oleiros, Cambre, Abegondo, Cesuras, Carral, A Coruña, Culleredo, Arteixo, Laracha, Cerceda, Carballo, Ribadeo, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Foz, Alfoz, Cervo, O Valdouro, Xove, Viveiro, Ourol, Muras, Xermade, O Vicedo e Burela.

-Demarcación Galicia Centro.

Malpica, Ponteceso, Coristanco, Laxe, Cabana, Camariñas, Vimianzo, Zas, Muxía, Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Carnota, Mazaricos, Muros, Outes, Sta. Comba, A Baña, Negreira, Val do Dubra, Tordoia, Trazo, Ordes, Oroso, Frades, Mesía, Curtis, Vilasantar, Sobrado, Boimorto, Toques, Melide, Arzúa, Santiso, O Pino, Touro, Santiago, Boqueixón, Vedra, Ames, Teo, Brión, Rois, Padrón, Noia, Lousame, Dodro, O Porto do Son, Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla.

-Demarcación Galicia Sur.

Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro, Silleda, Lalín, Dozón, Pontecesures, A Estrada, Catoira, Valga, Cuntis, Caldas de Reis, Moraña, Campo Lameiro, Vilagarcía de Arousa, Cerdedo, Forcarei, Vilanova de Arousa, Portas, Cambados, Ribadumia, Barro, Cotobade, Meis, Pontevedra, O Grove, Meaño, Sanxenxo, Poio, Ponte-Caldelas, A Lama, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Bueu, Cangas, Moaña, Redondela, Vigo, Pazos de Borbén, Oia, Baiona, Gondomar e Nigrán.

Co obxecto de proceder á posterior convocatoria de tódolos titulares de dereitos inscritos como electores e elixibles, polo presente anuncio requírese os mencionados titulares para que, nun prazo de dez días, presenten nos lugares sinalados polo artigo 38.4º da Lei 30/1992, os títulos que consideren oportunos para acredita-la súa condición.

A devandita documentación deberá remitirse á Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita nos edificios administrativos San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas

9603025