Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Sábado, 27 de abril de 1996 Páx. 3.949

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO-CONVOCATORIA dos representantes dos usos agrícolas para a rega na Sección Galicia Costa e Concas Intercomuntarias na Xunta de Goberno do organismo autónomo Augas de Galicia.

O artigo 21.1º do Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento do organismo autónomo Augas de Galicia, establece a presencia na Sección Galicia Costa e na Sección Concas Intercomunitarias da Xunta de Goberno dun e dous representantes, respectivamente, dos usos agrícolas para a rega designados polas comunidades de regadores constituídas dentro dos ámbitos territoriais respectivos.

Co obxecto de proceder á posterior convocatoria dos representantes das mencionadas comunidades como electores e elixibles, polo presente anuncio son requiridos, para que nun prazo de dez días presenten nos lugares sinalados polo artigo 38.4º da Lei 30/1992, os títulos que consideren oportunos para acredita-la súa condición.

A devandita documentación deberá remitirse á Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita nos edificios administrativos San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas

9603024