Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Sábado, 27 de abril de 1996 Páx. 3.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1996 pola que se anuncia, trámite de urxencia, a licitación do concurso polo procedemento aberto das obras de clave N/AC/90.5.1 e N/LU/90.4.2.

a) Obras.

1.-Proxecto de construcción do alargamento e mellora da estrada AC-103. Felgosas-Somozas.

Clave: N/AC/90.5.1.

Orzamento: catrocentos oitenta e nove millóns trescentas setenta e nove mil oitocentas unha pesetas (489.379.801).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría d.

Grupo B, subgrupo 2, categoría d.

Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 9.787.596

2.-Proxecto de construcción do alargamento e mellora da estrada LU-612 de Lugo a Portomarín. Treito: Seoane-Mougán.

Clave: N/LU/90.4.2.

Orzamento: trescentos dezanove millóns oitenta e nove mil seiscentas dez pesetas (319.089.610).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría c.

Grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 6.381.792.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9603023