Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Sábado, 27 de abril de 1996 Páx. 3.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO-CONVOCATORIA dos representantes dos usos industriais distintos da producción de enerxía hidroeléctrica na Sección Galicia Costa na Xunta de Goberno do organismo autónomo Augas de Galicia.

O artigo 20.a, parágrafo segundo do Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, polo que se aproba o regulamento do organismo autónomo Augas de Galicia, establece a presencia na Sección Galicia Costa da Xunta de Goberno dun representante elixido por tódolos concesionarios da auga para aproveitamentos industriais distintos da producción de enerxía hidroeléctrica con dereitos inscritos regu

lamentariamente, no ámbito territorial de Galicia Costa.

Co obxecto de proceder á posterior convocatoria de tódolos titulares de dereitos inscritos como electores e elixibles, polo presente anuncio requírese os mencionados titulares para que, nun prazo de dez días, presenten nos lugares sinalados polo artigo 38.4º da Lei 30/1992, os títulos que consideren oportunos para acredita-la súa condición.

A devandita documentación deberá remitirse á Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita nos edificios administrativos San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas

2997