Advertidas deficiencias na redacción de unha pregunta do primeiro exercicio da fase de oposición do concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde de telefonista, este tribunal acorda facer pública a anulación da pregunta nº: 6, que será debidamente substituída pola respectiva pregunta de reserva nº: 101, de conformidade co apartado 13, da base sexta da Resolución do 19 de xuño de 1995.
Santiago de Compostela, 16 de abril de 1996.
Diego Bernal Llorente
Presidente do tribunal
96-3073