Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 26 de abril de 1996 Páx. 3.927

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 16 de abril de 1996, do tribunal encargado de xulga-lo proceso selectivo da categoría de TEAP, convocado por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 19 de xuño de 1995, polo que se fai pública a anulación dalgunhas preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición.

Advertidas deficiencias na redacción de determinadas preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición do concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde de TEAP, este tribunal acorda facer pública a anulación das preguntas nº: 10, 62 e 98, que serán

debidamente substituídas polas respectivas preguntas de reserva nº:126, 127 e 128, de conformidade co apartado 13, da base sexta da Resolución do 19 de xuño de 1995.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1996.

José Luis Aboal Viñas

Presidente do tribunal

96-3074