Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 26 de abril de 1996 Páx. 3.927

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 17 de abril de 1996, do tribunal encargado de xulga-lo proceso selectivo da categoría de fisioterapeuta, convocado por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 19 de xuño de 1995, polo que se fai pública a anulación dunha pregunta do primeiro exercicio da fase de oposición.

Advertidas deficiencias na redacción de unha pregunta do primeiro exercicio da fase de oposición do concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde de fisioterapeuta, este tribunal acorda facer pública a anulación da pregunta nº: 143, que será debidamente substituída pola respectiva pregunta de reserva nº: 151, de conformidade co apartado 13, da base sexta da Resolución do 19 de xuño de 1995.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1996.

Francisco López Rois

Presidente do tribunal

96-3075