Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1996 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, do servicio de mantemento da sede da Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de Lugo.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS, do 3 de abril de 1996, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa Ferrovial Conservación, S.A., por un importe de catorce millóns oitocentas noventa e seis mil novecentas trinta e dúas pesetas (14.896.932 ptas.) IVE incluído, para un prazo de execución de dous anos.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1996.

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

3044