Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o prego de cargos formulados no expediente sancionador 2/1996, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Intentada a notificación directa ós interesados do prego de cargos no expediente de referencia, e ó non poder efectuar esta, resolvín, ó abeiro do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte:

Expediente sancionador: C-2/1996.

Interesados: Complejo Educativo, S.A. sito na rúa Mallorca, 250-Atco. do concello de Barcelona e Francisco Raña Castro con enderezo na rúa Salceda de Caselas, 9-1º A do concello de Vigo e outras persoas que puidesen resultar responsables.

Prego de cargos:

«Segundo o contido da acta de data 4 de xaneiro de 1996, efectuada polos inspectores de xogo da Xunta de Galicia no establecemento Bar J. Pardo, sito na rúa Fuente Díaz, 48, do concello de Touro, e tendo en conta o informe da inspección do 19 de xaneiro de 1996, observouse que o dito local tiña instaladas dúas máquinas chamadas mini tómbola tradicional e mini tómbola de reloxes, sen placas nin autorizacións, feito que podería constituír falta moi grave segundo o artigo 28 da Lei 14/1985, da Xunta de Galicia, modificada pola Lei 7/1991, por infracción dos artigos 19, 20 e 21 do Decreto 374/1986, modificado polo Decreto 247/1990, e sancionable segundo o artigo 31 da citada Lei 14/1985».

Comunícaselles ós interesados, en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar e no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para que nun prazo de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte á notificación, alegue e presente a documentación que considere pertinente na súa defensa.

A Coruña, 1 de abril de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

2755