Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación da subministración dun analizador de espectros.

O órgano de contratación, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar mediante procedemento aberto o seguinte concurso público para a adxudicación da subministración que a continuación se relaciona:

Obxecto: analizador de espectros (expediente nº 11/1996).

Orzamento de licitación e prazo máximo de entrega: 2.906.392 ptas., IVE incluído. Un mes.

Licitadores: persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: as sinaladas nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Prego de cláusulas: tódolos interesados poderán consultar ou recolle-los pregos no Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2 andar, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación de ofertas: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto 1, planta baixa, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural ás 14 horas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto nº 1, Vigo (Pontevedra) ás trece horas do terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas (no caso de cadrar en sábado terá lugar o luns seguinte).

Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica polos licitadores:

-Solvencia económica e financeira: poderase acreditar por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos que se van subministrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e os destinatarios públicos ou privados, incorporando os correspondentes certificados sobre elas.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens que se van subministrar fíxase nun ano, contado desde a súa recepción.

Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo do/s adxudicatario/s.

Vigo, 1 de marzo de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

3046