Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 26 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, para os pagamentos do prezo xusto, por imposición de servidumes de paso de instalacións eléctricas. (Expediente número 51626 e 52217).

Fáiselles saber a tódolos propietarios dos predios contidos nos expedientes de imposición de servidumes de paso, sobre bens e dereitos afectados polas instalacións das liñas eléctricas a 15/20 kV de enlace Betanzos-Carral con Carral-Mesón do Vento, expediente nº 51626, e ó centro de transformación en Sar (expediente nº 52217), dos que é beneficiaria a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña, que o día 22 de maio de 1996, procederase ás 12 horas, na Casa do Concello de Carral, e ás 13 horas na de Ordes, ós pagamentos do prezo xusto e intereses, conforme ás indemnizacións determinadas polo Xurado Provincial de Expropiación, advertíndolles ós titulares propostos, os cales serán notificados individualmente, que os pagamentos se realizarán de conformidade cos artigos 48, 49 e 50 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 48, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

As relacións dos predios e titulares ós que proceden os pagamentos, remítense cos oportunos avisos ós alcaldes dos citados concellos.

A Coruña, 26 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3058