Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1996 pola que se anuncian, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, as seguintes contratacións: adquisición dunha montaxe eléctrica para bobinas de longametraxe; alugueiro e montaxe de casetas nas feiras culturais de Galicia e impresión da revista O Correo da Unesco.

Esta Consellería de Cultura, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, as contratacións que se citan:

-Adquisición dunha montaxe eléctrica para bobinas de longametraxe:

Orzamento de licitación: 2.500.000 ptas. (dous millóns cincocentas mil pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) mes.

Clasificación requirida: non se esixe.

Fianza provisional: non se esixe.

-Alugueiro e montaxe de casetas nas feiras culturais de Galicia:

Orzamento de licitación. 17.000.000 de ptas. (dezasete millóns de pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: tres meses e medio (3,5).

Clasificación requirida: grupo III, subgrupo 8, categoría C.

Fianza provisional: non se esixe.

-Impresión da revista O Correo da Unesco:

Orzamento de licitación: 10.800.000 ptas. (dez millóns oitocentas mil pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación requirida: non se esixe.

Fianza provisional: 216.000 ptas. (duascentas dezaseis mil pesetas).

Exposición de pregos: o prego de características técnicas e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Os licitadores que opten a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación para cada unha delas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1996.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

9602686