Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 26 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento da acta previa á ocupación para execución de instalación eléctrica. (Expediente número 26604).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación por Decreto 7/1995, do 12 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia do 29 de xaneiro de 1996), para imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 15/20 kV entre os centros de transformación de Armuño e Lubre, no concello de Bergondo, das que é propietaria e beneficiaria deste proceso expropiatorio a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña, fáiselles saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que o representante da Administración procederá o día 14 de maio de 1996, a partir das 12 horas, ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación dos predios afectados polas instalacións.

A designación do predio afectado para a que segue a imposición das servidumes foi publicada no BOP da Coruña do 22 de maio de 1995.

Advírteselle á titular proposta, Josefa García Vilariño, que no día e hora sinalados poderá facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, pola súa conta, e formular por escrito ante esta delegación alegacións para os únicos efectos de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados, ata o momento do levantamento da acta previa.

A Coruña, 26 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2944