A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Granitos
Fernández Fernández, S.L., con domicilio en Vendanova, Salceda de Caselas, presentou nesta delegación provincial o día 14 de xuño de 1994, instancia-solicitude do permiso de investigación Saiar de 1 cuadrícula mineira para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Caldas de Reis, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeou ó nº 2676 da provincia de Pontevedra.
A designación do terreo é a seguinte:
LonxitudeLatitude
Vértice 18º 42' 20''42º 36' 00''
Vértice 28º 42' 00''42º 36' 00''
Vértice 38º 42' 00''42º 35' 40''
Vértice 48º 42' 20''42º 35' 40''
A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.
O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.
Pontevedra, 9 de abril de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
2846