Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do PXOU para a recualificación da parcela situada trala audiencia provincial para aparcamento subterráneo e praza pública en superificie.

O Pleno da Corporación, en sesión do 28 de marzo de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación inicial á modificación puntual do PXOU para a recualificación da parcela situada entre a avenida de Augusto García Sánchez e as rúas Xeneral Anterio Rubín e Gagos de Mendoza, trala Audiencia Provincial para a construcción dun aparcamento subterráneo e praza pública en superficie. Formulouse o documento de modificación do planeamento de ordenación integral do municipio por esta Administración municipal.

Segundo.-Acorda-la suspensión de licencias no ámbito espacial afectado pola presente modificación do planeamento de ordenación integral que se delimita a continuación:

Ámbito da parcela trala Audiencia Provincial e delimitada pola avenida Augusto García Sánchez, rúas Xeral Antero Rubín e Gagos de Mendoza.

A suspensión terá unha duración máxima de dous anos, e extinguírase, en calquera caso, coa aprobación definitiva do planeamento.

Terceiro.-Someter a información pública o expediente polo prazo dun mes mediante a publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP, taboleiro de edictos do concello e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Cuarto.-Concederlles audiencia ós seguintes organismos, co obxecto de que remitan este acordo ós diversos órganos periféricos das súas respectivas administracións públicas ou ben formulen as correspondentes alegacións ou emitan os seus oportunos informes:

-Delegación do Goberno central en Galicia.

-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar-lo expediente incoado na Unidade de Fomento deste concello (rúa Dona Teresa), e presenta-las alegacións que estime procedentes.

Pontevedra, 29 de marzo de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

9603063