Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación por concurso, procedemento aberto, do proxecto de pavimentación e acceso a núcleos de poboación.

Entidade adxudicataria. Concello da Estrada.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

Obxecto do contrato: paviamentación de accesos a diversos núcleos no municipio da Estrada, incluídos no proxecto base, amilos que poidan oferta-los licitadores.

Prazo de execución: seis meses.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Tipo de licitación: 17.477.712 ptas.

Garantía provisional: 2%.

Obtención de documentación e información: chamando ó Concello da Estrada, Tlfo.: 57 01 65 extesión 19.

Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes á publicación deste anuncio, na oficina de plicas da secretaría xeral, de 9 a 13 horas.

Documentación a presentar: documento xustificativo da personalidade. Declaración de non estar incurso nos supostos do artigo 20 da Lei 13/1995. Xustificante de estar ó día nas obrigas tributarias e Seguridade Social. Acreditación da solvencia a que se refire o artigo 15 e seguintes da Lei 13/1995.

Oferta económica adaptada ó modelo e ós efectos de selección: mellora no proxecto, xustificante de obras de natureza análoga e reducción de prazos. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de ofertas: ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser inhábil ou sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios, por conta do adxudicatario.

A Estrada, 16 de abril de 1996.

O Alcalde

Rubricado

2900