Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.859

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS DE GALICIA

ASEMBLEA xeral.

O Consello de Administración da Caixa de Aforros de Galicia acordou convoca-los conselleiros xerais á asemblea xeral, que se celebrará no salón de actos da entidade, sito na cidade da Coruña, Ronda de Nelle, 31, ás 11.30 horas do día 18 de maio de

1996 en primeira convocatoria, ou, no mesmo lugar, media hora despois, en segunda, consonte a seguinte orde do día:

1. Constitución da asemblea xeral.

2. Informe do presidente.

3. Informe da dirección xeral.

4. Informe da comisión de control.

5. Exame e aprobación, se é o caso, das contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias e memoria) e informe de xestión, tanto da Caixa de Aforros de Galicia como do seu grupo consolidado, e da proposta de aplicación do resultado da Caixa de Aforros de Galicia, todo iso correspondente ó exercicio económico de 1995, así como da xestión do seu Consello de Administración, no mesmo período.

6. Exame e aprobación, se é o caso, da memoria e liquidación dos orzamentos da obra social do exercicio 1995.

7. Exame e aprobación, se é o caso, da obra social nova e dos orzamentos da obra social para o exercicio de 1996.

8. Elección de vocais, titulares e suplentes, do Consello de Administración e da Comisión de Control.

9. Delegación de facultades para a formalización, execución e inscrición dos acordos adoptados e para face-lo preceptivo depósito das contas anuais no Rexistro Mercantil.

10. Nomeamento de interventores para a aprobación da acta da asemblea.

11. Clausura do acto polo presidente.

Quince días antes da asemblea quedará depositada na sede central da Caixa e ó dispor dos conselleiros

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

xerais a documentación relativa ós puntos que figuran na orde do día.

Para as eleccións previstas no punto 8, durante o prazo de dez días naturais, contados desde o día 27 de abril inclusive poderán elevarse candidaturas na forma disposta nos artigos 22 e 30 dos Estatutos e do Regulamento de procedemento electoral.

As candidaturas deberán conter en todo caso a explícita declaración dos candidatos de cumpri-los requisitos de elexibilidade e de non se atoparen incursos en causa de incompatibilidade nin prohibición para o exercicio do cargo e serán formuladas por escrito na sede central da entidade, que expedirá recibo delas.

Para o exercicio por parte dos conselleiros xerais do dereito de presentación que lles recoñecen os Estatutos, a súa sinatura deberá ser lexitimada por testemuño notarial ou do director dalgunha das oficinas da Caixa.

Será rexeitada do plano toda candidatura que incumpra calquera dos requisitos anteriores.

Con catro días de antelación á data fixada para a reunión da asemblea xeral quedará exposta a relación de candidatos na oficina central da entidade, en disposición de ser consultada polos conselleiros xerais. Se no transcurso dese prazo se presentase algunha impugnación, será resolta pola comisión de control no curso da asemblea, previamente á elección.

Para consultas por parte dos conselleiros xerais áchase depositado na oficina central un exemplar dos Estatutos e do Regulamento de procedemento electoral.

A Coruña, vintetrés de abril de mil novecentos noventa e seis.

O presidente do Consello de Administración

Rubricado