Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/159-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. San Marcos Políg. Culleredo-Sigrás.

Situación: Oleiros-Cambre-Culleredo.

Características técnicas: liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón na súa parte aérea e con conductor LA-110, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12-20 kV de 3(1x240) mm AL na súa parte subterránea, con orixe na subestación de San Marcos e final no C.T. Sigrás, alimentando o polígono de Culleredo e discorrendo polos concellos de Oleiros, Cambre e Culleredo, nos seguintes treitos:

Treito I: aéreo e en dous vans, en dobre circuíto e 205 m de lonxitude en saída subestación de San Marcos.

Treito II: segue treito en subterráneo de 473 m de lonxitude desde apoio nº 3 e en dobre circuíto, discorrendo por camiños veciñais de Cambre ata apoio nº 4.

Treito III: aéreo e en cobre circuíto desde apoio nº 4 a apoio nº 12 de 1.600 m de lonxitude ata C.T. Almeiras.

Treito IV: en aéreo desde C.T. Almeiras e en simple circuíto, de 1.222 m de lonxitude ata o apoio nº 23.

Treito V: en subterráneo desde apoio nº 23 e discorrendo polo polígono Culleredo, de 2.410 m de lonxitude.

Treito VI: desde polígono de Culleredo ata o C.T. Sigrás, en aéreo e de 329 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 18 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-2782