Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/168-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: Modif. 1 de L.M.T. Subt., C.T. casa Paco-Xubia-Coto e C.T. Empedrón.

Situación: Neda.

Características técnicas: modificado o proxecto de instalación eléctrica denominado L.M.T. subterránea, C.T. cada Paco-Xubia-Coto e C.T. Empedrón, en Neda consistente en: liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e baixo tubo respectivamente, con conductores LA-110 e R.H.V. 15/25 kV de 3(1x240) mm AL e con lonxitudes respectivas de 167 m e 451 m: con orixe a parte aérea no apoio ó lado instituto, con tres vans e catro apoios, conectando alí coa L.M.T. que vai A Coto. Con orixe a parte subterránea en apoio lado estrada a Ortigueira, pasando por C.T. casa Paco e C.T. Empedrón, que se proxecta. Centro de transformación en caseta prefabricada formigón de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en r/ Empedrón, do que parte rede de baixa tensión de 536 m subterránea, en conductor R.V.

0,6/1 kV de 4(1x240) mm AL e R.Z. de 256 m de lonxitude. Neda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-2786