Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/2-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de auto

rización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Airtel, S.A.

Enderezo social: Mª Luisa Durán Marquina, 20, 15011, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. estación B.T.S. R-739 en Leiro.

Situación: Miño.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 346 m de lonxitude, en LA-56, que parte da L.M.T. Pedrido-Miño derivada a C.T. Carantoña (Expte. 33232) e final no C.T. que se vai construír no lugar de Outeiro-Leiro, tipo aéreo de 50 kVA e o seu acoplamento en baixa tensión a estación de telefonía móvil. Concello de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-2784