Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 194/95-1).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 70 m de lonxitude, con orixe na liña nomeada Pasaxe-O Burgo (Expte. 29952) e final no C.T. a instalar denominado Acea da Ma-O Burgo. Centro de transformación, tipo interior, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Acea da Ma. Concello de Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 26 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-2801