Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/215-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e 2 CC.TT. en parque empresarial.

Situación: Melide.

Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 15/20 kV, de 769 m de lonxitude e en conductor R.H.V. de 3(1x150) mm AL, que parte do C.T. Madanela (Expte. 51539) ata C.T. A e deste a C.T. a C.T. B do parque empresarial de Melide. 2 C.T. de 160 kVA, tipo caseta, a 15/20 kV B-2. Concello de Melide.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 19 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-2783