Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.834

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (216/1992).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fago saber que nos autos de interdicto de obra nova nº 210/1992 e acumulados 327/1992 e 17/1993, nos que son partes, como demandante Hermitas Mella Vázquez, e como demandados Armando-Urbano Blanco Martínez, Evangelina Rey Carril, Inmobiliaria Teo, Inmuebles MV S. L., José Vázquez Lera e José Gerpe Oreiro, dictouse sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, tres de febreiro de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número tres dos de Santiago de Compostela, os presentes autos de interdicto de obra nova, seguidos co número 210/1992 acumulados 327/1992 e o 17/1993, por instancia de Hermitas Mella Vázquez, representada pola procuradora María del Carmen Esperanza Álvarez, contra Armando Urbano Blanco Martínez, representado polo procurador Ricardo García-Piccolo Atanes e Evangelina Rey Carril -en situación procesual de rebeldía-; o acumulado 327/1992 por instancia de Hermitas Mella Vázquez, representada pola procuradora María del Carmen Esperanza Álvarez contra a entidade Inmobiliaria Teo -en situación de rebeldía proce

sual-; e o acumulado 17/1993 por instancia de Hermitas Mella Vázquez, representada pola procuradora María del Carmen Esperanza Álvarez contra Inmuebles MV, S.L. e José Gerpe Oreiro, representados polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e contra José Vázquez Lera -en situación de rebeldía procesual.

Decido que estimando a demanda presentada pola procuradora Esperanza Álvarez, en nome e representación de Hermitas Mella Vázquez fronte a Armando Urbano Blanco Martínez, Inmuebles MV, S. L. e José Gerpe Oreiro, representados polo procurador García-Piccoli Atanes e contra Evangelina Rey Carril, Inmobiliaria Teo e José Vázquez Lera -en situación procesual de rebeldía-, debo ratificar e ratifico a suspensión da obra que se levará a efecto inmediatamente constituíndose na obra o secretario e emitirá dilixencia do Estado, altura e demais condicións en que se atope, apercibindo os demandados coa demolición á súa custa do que alí en diante se edificar; coa imposición das custas solidariamente ós demandados.»

Para que conste e para efectos da súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e mais no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación en legal forma ós demandados en paradoiro descoñecido José Vázquez Lera e Inmobiliaria Teo, con último domicilio coñecido nos Tilos e Cacheiras, Recesende, respectivamente, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, quince de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

3061