Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.828

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 27307).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Hidroeléctrica de Laracha, S.L., con enderezo na rúa Tte. Xral. Gómez Zamalloa, nº 9-1º, 15005 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 744 m de lonxitude, en LA-30, que parte do C.T. Leboiras e remata no C.T. Cerdeira. Concello de Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 8 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2655