Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.819

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de abril de 1996 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga xeral convocada para o día 24 de abril de 1996 na comarca de Vigo.

O exercicio do dereito de folga queda condicionado ó mantemento dos servicios esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20).

O artigo 3 do devandito decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga determinen o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios e o persoal preciso para prestalos.

As centrais sindicais CC.OO., UGT, CIG e USO comunican mediante escrito a convocatoria de folga xeral para o día 24 de abril de 1996, ó longo dunha hora entre as 10 e as 12 horas do mesmo día, que afectará a tódalas empresas da comarca de Vigo.

Ante o carácter de folga xeral, semella o mais axeitado regula-los servicios mínimos mediante unha única norma de aplicabilidade a tódolos centros, dependencias e servicios en xeral sobre os que pode ter incidencia esta convocatoria.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais obriga a Administración autonómica, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servicios mínimos indispensables para o funcionamento dos servicios esenciais que se concretan e xustifican na presente orde.

Así pois, establécense servicios mínimos respecto a sectores e actividades dos que a regulación é competencia dalgunha das consellerías da Xunta de Galicia e que poidan afecta-lo desenvolvemento ordinario da actividade cidadá.

En canto á Consellería da Presidencia e Administración Pública a Secretaría Xeral de Comunicación procede a fixa-los servicios mínimos que garantan o poder solventar calquera avaría que se poda producir nos centros de distribución de sinal nos municipios afectados pola folga. Por parte da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos fíxanse os servicios mínimos indispensables para poder levar a cabo o seguimento informático da folga. Así mesmo, a delegación provincial da consellería establece os servicios mínimos en materia de deportes e turismo que garantan os dereitos dos cidadáns.

Polo que respecta á Consellería de Economía e Facenda fíxanse os servicios mínimos indispensables para garanti-los dereitos dos cidadáns para permitirlle ó administrado acredita-lo cumprimento de prazos de presentación de autoliquidacións, recursos e ingresos, así como o funcionamento da Sección de Caixa, que permita respecta-lo dereito dos cidadáns a efectua-los pagamentos correspondentes en prazo sen sufrir recargos, o servicio de intervención que permita efectua-lo arqueo, comprobación e pos

terior ingreso das cantidades recadadas, así como o persoal imprescindible para mante-lo servicio informático e a súa conexión cos servicios centrais.

No referente ós servicios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o dereito á educación é un dereito de carácter social, e por tanto reclama dos poderes públicos as accións positivas necesarias para que poida ser levado a cabo en igualdade de tódolos que se encontran en calquera dos niveis formativos en calquera tipo de centro.

Por outra parte, a especial problemática de Galicia, coa maior porcentaxe de alumnos transportados e facendo uso dos comedores escolares ou o bo número de internados da nosa Comunidade Autónoma, non poden quedar paralizados no seu funcionamento como consecuencia do dereito constitucional de folga.

Sinálanse, por iso, os servicios mínimos necesarios para manter en funcionamento os comedores escolares, a limpeza dos centros, e un mínimo de vixilancia e atención para os alumnos que pidan acudir ós centros, xa que a maioría deles son menores de dezaoito anos, e moitos deles con idades comprendidas entre os tres e os catorce anos.

Os centros de educación especial necesitan, polas características dos seus alumnos, un maior coidado e asistencia e é por iso polo que cómpre a asistencia do maior número de persoal, como coidadores, persoal médico etc.

Na área de competencias da Consellería de Industria e Comercio, ten baixo supervisión a responsabilidade de asegura-la subministración de determinados servicios prestados non só pola propia Administración, senón por empresas que xestionan servicios públicos de carácter xeral, tal é o caso das subministracións de enerxía eléctrica, combustible, etc. Polo carácter público destes servicios é necesario, en interese da sociedade, fixa-los servicios mínimos que aseguren o seu funcionamento.

Na área de competencias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes establécense servicios mínimos para garanti-los servicios esenciais definidos como tales no Decreto 155/1988, do 9 de xuño, o que significa, tal e como xa declarou o Tribunal Constitucional, que o dereito da comunidade ás prestacións vitais é prioritario respecto do dereito á folga, se ben a dita prioridade necesita ser contrastada en cada situación de folga, e sometida ó principio de proporcionalidade dos sacrificios impostos ós folguistas, e ós beneficiados polo servicio, no que atañe ós dereitos fundamentais, as liberdades públicas e os bens constitucionalmente protexidos.

O mencionado Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se dictan normas para garantiza-la prestación dos servicios esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma, establece que terán a consideración de servicios esenciais entre outros, e polo que respecta ós prestados pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, afectados pola presente convocatoria de folga, os dos rexistros públicos.

A motivación da concreta determinación do mínimo de actividade e a fixación do persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais prestados pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes encóntrase no labor que na Axencia de Extensión Agraria se realiza en relación coas funcións de rexistro e recepción de documentos.

Na Consellería de Cultura, considérase necesario fixar servicios mínimos polos centros e servicios dela dependentes, garantindo unha mínima actividade ó administrado tanto nos aspectos de funcionamento administrativo, como nos de funcionamento destinados directamente a cubri-las esixencias culturais dos cidadáns. Neste sentido fíxanse servicios mínimos en bibliotecas dependentes desta consellería.

No referente á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, co fin de garanti-lo dereito constitucional de protección á saúde e ós intereses dos cidadáns dos que a súa tutela corresponde á consellería, fíxanse servicios mínimos tanto na área correspondente á Saúde pública, servicios sociais e asistencia sanitaria do xeito seguinte:

Con respecto á asistencia sanitaria do nivel de atención primaria e especializada, os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios dos centros sanitarios, para evitar que se lles produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

E por iso mantéñense os servicios mínimos necesarios para garanti-la asistencia imprescindible ós pacientes, así como a atención urxente ós usuarios, que non pode aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

No referente á área de servicios sociais, os mínimos requiridos responden á necesidade de garanti-la asistencia mínima ós diminuídos psíquicos ou outros marxinados sociais, que necesitan axuda para os labores básicos, como limpeza, control sanitario, comida, vestido, desprazamentos, e necesidades similares.

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura desenvolve actividades de moi variada índole, que van desde o puro labor administrativo e planificador ata traballos de investigación científica en acuicultura e formación e docencia de persoal que desenvolve as súas tarefas no sector pesqueiro. O establecemento de servicios mínimos, pois, realízase desde a necesidade de menter vivos estes aspectos complementando o labor da consellería coa ineludible obriga de mante-la vixilancia nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

No concernente á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, os servicios mínimos consi

déranse imprescindibles para ofrecer unha mínima actividade de atención ó administrado.

Por último, e no concernente á Consellería de Familia, Muller e Xuventude resulta necesario establecer uns servicios mínimos que permitan un adecuado desenvolvemento das súas actividades, en favor dos principios constitucionais de protección social da familia, fomento da formación e readaptación profesionais, adecuada utilización do ocio e promoción da participación da xuventude no desenvolvemento político, social, económico e cultural.

En consecuencia, e de acordo co establecido no parágrafo 5.2º do Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia, aprobado polo Decreto 111/1984, do 25 de maio, e por proposta das consellerías de Presidencia e Administración Pública; Economía e Facenda; Educación e Ordenación Universitaria; Industria e Comercio; Agricultura Gandería e Montes; Cultura; Sanidade e Servicios Sociais; Pesca Marisqueo e Acuicultura; Xustiza Interior e Relacións Laborais; Familia Muller e Xuventude, citado o comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Con carácter xeral o mínimo de actividade e o persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais durante a folga xeral convocada nos concellos de Vigo, Redondela, Soutomaior, Moaña, Cangas, Bueu, Baiona, A Guarda, Tomiño, Tui, O Porriño, Ponteareas, Gondomar e Nigrán, para o día 24 de abril de 1996, é o seguinte:

1.1 Presidencia:

-Secretaría Xeral de Comunicación: dous técnicos.

1.2. Consellería da Presidencia e Administración Pública:

-Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos: un coordinador de infocentro.

-Delegación provincial:

* Servicio Provincial de Deportes:

Sección de Deportes de Vigo: un xefe de sección e un xefe de negociado.

* Servicio Provincial de Turismo:

Oficina de Turismo de Vigo : un posto base grupo B.

1.3. Consellería de Economía e Facenda.

1.3.A. Delegación Territorial de Vigo:

-Unha persoa no rexistro.

-Un subalterno.

-Un auxiliar administrativo.

-Unha persoa no Servicio de Xestión Tributaria.

-Unha persoa no Servicio de Tesourería.

-Unha persoa na intervención.

-Un auxiliar de gravación.

IGAPE

-Unha persoa na oficina de Vigo.

1.4. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Nos centros escolares dependentes da consellería:

-O director ou un membro do equipo da dirección e un subalterno en cada centro escolar.

-O 30% do persoal de comedores e do persoal docente encargado destes, nos centros de educación básica con servicio de comedor.

-O 25% do persoal de comedores, limpeza e subalternos nas escola-fogar.

-O 25% do persoal docente encargado de comedores das escolas-fogar, garantindo un mínimo de dúas persoas.

-O 30% de persoal de comedores, limpeza e subalternos nos centros residenciais docentes.

-O 25% do persoal de limpeza, nos centros de ensino secundario.

A totalidade de persoal de comedores, ATS, limpeza, coidadores e persoal médico dos centros de educación especial.

1.5. Consellería de Industria e Comercio.

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. dispón en cabeceira de zona dun coordinador informático que atende os servicios de comunicación, dous montadores e dous operadores CMD (centro de manobra e distribución). Nos sectores de Vigo e O Porriño haberá unha quenda de avarías.

1.6. Consellería de Agricultura Gandería e Montes:

-Servicio de Defensa contra Incendios Forestais.

En cada unha das xefaturas territoriais de defensa contra incendios forestais de Redondela, Ponteareas e Tomiño: un técnico e un axente forestal.

Persoal contratado para a execución do Plan de Defensa contra Incendios Forestais (INFOGA): unha brigada en cada unha das comarcas de Redondela, Ponteareas e Tomiño, un conductor de autobomba por cada comarca de Redondela, Ponteareas e Tomiño.

-Servicio de Medio Ambiente Natural:

Un axente forestal na comarca de Redondela.

-Servicio de Montes e Industrias Forestais:

Un axente forestal en cada comarca de Redondela e Ponteareas.

-Axencias de Extensión Agraria de Redondela, Tui, O Porriño, Ponteareas e Cangas: un funcionario en cada unha.

1.7. Consellería de Cultura.

-Biblioteca Pública de Vigo:

* Director.

* Un auxiliar administrativo.

* Un vixilante.

-Poboado de Santa Tegra.

* Un garda.

1.8. Consellería de Sanidade e Servicios Sociais:

-Área de Saúde Pública:

Cangas: 1 inspector veterinario oficial de Saúde Pública.

Vigo: 3 inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública.

1 inspector veterinario oficial de lonxa.

Nigrán: 1 inspector veterinario oficial de Saúde Pública.

1 inspector veterinario oficial de matadoiro.

Tui: 1 inspector veterinario oficial de Saúde pública.

Tomiño: 1 inspector veterinario oficial de matadoiro.

Porriño: 2 inspectores veterinarios oficiais de matadeiro.

Ponteareas: 1 inspector veterinario oficial de matadeiro.

-Área de Servicios Sociais:

Centros de Servicios Sociais de Bouzas (Vigo), Calvario (Vigo), Coia (Vigo), Teis (Vigo), Atienza (Vigo), Redondela, Baiona, Tui, O Porriño, 1 director e 1 ordenanza en cada un deles.

-Residencia da terceira idade Meixoeiro-Vigo:

Médico, ATS/DUE, encargado almacén, gobernante/a, xefe de cociña, xefe de servicios técnicos, auxiliar clínica e ordenanza, 1 de cada un deles en quenda de mañá.

Axudante de cociña: 2 en quenda de mañá.

Camareira-limpadora: 8 en quenda de mañá.

Residencia da terceira idade de Ponteareas:

Oficial 1º de cociña e auxiliar de clínica: 1 de cada un deles en quenda de mañá.

Camareira-limpadora: 2 en quenda de mañá.

Residencia da terceira idade de Vigo:

Responsable de área, cociñeiro 1 e 2, axudante de cociña, SS.TT. Oficial servicios técnicos, gobernante ou subgobernante, médico, 1 de cada un deles en quenda de mañá.

Recepción de ordenanzas ou conserxe: 2 en quenda de mañá.

Camareiros, 16 en quenda de mañá.

ATS/DUE: 4 quenda de mañá.

auxiliar Enfermería: 15 quenda de mañá.

Área de asistencia sanitaria:

Nos centros hospitalarios Hospital do Meixoeiro, e Complexo Hospitalario Xeral Cíes:

Hospital do Meixoeiro: persoal facultativo 90, persoal sanitario non facultativo: 300, e persoal non sanitario 100.

Complexo Hospitalario Xeral-Cíes: persoal facultativo: 250, persoal sanitario non facultativo: 500, e persoal non sanitario: 200.

Nos centros de atención primaria:

En cada un dos seguintes centros de saúde: r/ Cuba, Casco Vello I , Casco Vello II, Lavadores, Colmeiro, Sárdoma, e Teis:

-Facultativos: 1 M.X., 1 Pediatra.

-Sanitarios: 1 ATS.

-Non sanitarios: 1 celador, 1 auxiliar administrativo

Ambulatorios:

No ambulatorio de Coia e mais no de Doblada:

-Facultativos:

1 médico xeral .

1 médico xeral.

1 pediatra.

1 pediatra.

-Sanitarios:

1 ATS II AA

2 ATS zona.

-Non sanitarios:

1 celador

1 aux administrativo

Ambulatorio Cuba:

Facultativos: 2 pediatras.

Sanitarios: 2 ATS zona.

Ambulatorio López Mora:

Facultativos: 2 médicos xerais

Sanitarios: 1 ATS II AA, 2 ATS zona.

Non sanitarios: 1 celador, 1 auxiliar administrativo

Ambulatorio de Teis:

Sanitarios: 2 ATS zona.

Non sanitarios: 1 auxiliar administrativo

Casa do Mar.

Facultativos: 1 médico xeral, 2 pediatras zona.

Sanitarios: 2 ATS zona, 1 ATS IIAA, 1 auxiliar de clínica.

Non sanitarios: 1 celador.

Coruxo:

Facultativos: 2 médico xeral, 1 pediatra.

Sanitarios: 1 ATS IIAA.

No Sanitarios: 1 celador, 1 auxiliar administrativo

Redondela.

Centro de Saúde:

Facultativos: 1 médico xeral, 1 pediatra.

Sanitarios: 1 ATS EAP.

Non sanitarios: 1 celador, 1 Aux administrativo

Chapela:

Facultativos: 1 médico xeral EAP, 1 pediatra EAP.

Sanitarios: 1 ATS EAP

Non sanitarios: 1 celador, 1 auxiliar administrativo

Soutomaior:

Facultativos: 1 MG, 1 MG (Arcade).

Sanitarios: 1 ATS

Ambulatorio de Moaña:

Facultativos. 2 médicos xerais.

Sanitarios: 1 ATS IIAA

Non sanitarios: 1 celador.

Centro de Saúde de Cangas:

Facultativos: 1 médico xeral EAP, 1 pediatra EAP.

Sanitarios: 1 ATS EAP.

Non sanitarios: 1 celador, 1 auxiliar administrativo

Centro de saúde de Hio:

Facultativos: 1 médico xeral zona.

Sanitarios: 1 ATS zona.

Centro de saúde de Aldán:

Facultativos: 1 médico xeral EAP.

Sanitarios: 1 ATS EAP.

Non Sanitarios: 1 celador.

Baiona:

Ambulatorio:

Facultativos: 1 pediatra de zona.

Non sanitarios: 1 celador.

EAP:

Facultativos: 1 médico xeral EAP.

Sanitarios: 1 ATS EAP.

A Guarda:

Ambulatorio:

Facultativos: 1 médico xeral EAP.

Sanitarios: 1 ATS zona.

Non sanitarios: 1 celador, 1 auxiliar administrativo

ISM:

Facultativos: 1 médico xeral

Sanitarios: 1 ATS.

Non sanitarios: 1 celador.

Tomiño:

Ambulatorio:

Facultativos: 1 médico xeral, 1 pediatra.

Sanitarios: 1 ATS.

Tui:

Centro de saúde:

Facultativos: 1 MG EAP, 1 pediatra EAP,.

Sanitarios: 1 ATS EAP, 1 auxiliar de clínica.

Non sanitarios: 1 celador, 1 auxiliar administrativo

Ambulatorio: 1 médico xeral.

Sanitarios: 1 ATS de zona.

O Porriño:

Ambulatorio:

Facultativos: 1 pediatra de zona.

Non sanitarios: 1 celador, 1 auxiliar administrativo

UAP:

Facultativos: 1 médico xeral EAP, 1 pediatra EAP.

Sanitarios: 1 ATS.

Ponteareas:

EAP.

Facultativos: 1 médico xeral EAP., 1 pediatra EAP.

Sanitarios: 1 ATS EAP, 1 auxiliar de clínica.

Non sanitarios: 1 celador, 1 auxiliar administrativo

Ambulatorio:

Facultativos: 1 médico xeral

Sanitarios:

1 ATS zona.

Gondomar:

Facultativo: 1 médico xeral EAP, 1 pediatra EAP.

Sanitarios: 1 ATS zona.

Nigrán:

EAP:

Facultativos: 1 médico xeral, 1 pediatra.

Sanitarios : 1 ATS.

Non sanitarios: 1 celador, 1 auxiliar administrativo

Panxón:

Facultativos: 1 médico xeral EAP, 1 pediatra EAP.

Sanitarios: 1 ATS EAP.

Non sanitarios: 1 celador.

Bueu:

1 médico general.

1 médico pediatra.

1 ATS de zona.

1 matrona.

1 celador.

1 fisioterapeuta.

1 odontólogo.

1 auxiliar de enfermería IIAA

1.9. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

1.9.A. Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo:

-Unha persoa encargada do rexistro.

-Un posto base grupo A.

-Un posto base grupo D.

-O habilitado.

1.9.B. No Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro.

-O director.

- 3 subalternos (un para o centro, un para a residencia, quenda de día, e outro para a residencia quenda de tarde).

-Unha gobernanta.

-Dous educadores.

-Un xefe de cociña.

-Un oficial 2ª de cociña.

-Dous axudantes de cociña.

-Dúas camareiras- limpadoras.

-Unha limpadora-fregadora.

1.9.C. Persoal encargado da vixilancia nas augas da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Un xefe de base.

-Un patrón.

-Un mecánico.

-Dous vixilantes mariñeiros.

1.9.D. Confrarías de pescadores:

* Confraría de pescadores de Redondela.

-Un posto base grupo D.

* Confraría de pescadores de Vigo:

-Un posto base grupo D.

* Confraría de Moaña:

-Un posto base grupo D.

* Confraría da Guarda:

-Un posto base grupo D.

* Confraría de Baiona:

-Un posto base grupo D.

* Confraría de Cangas:

-Un posto base grupo D.

* Confraría de Bueu:

-Un posto base grupo D.

1.10. Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais:

1.10.A. Delegación Provincial de Vigo:

-Un funcionario no rexistro.

-Un ordenanza/subalterno.

1.10.B. SMAC.

-Un ordenanza/subalterno.

-Área de seguridade e hixiene (A Regasenda-Rande- Redondela).

-Un funcionario no rexistro.

-Un ordenanza/subalterno.

1.11. Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

* Con carácter xeral tódolos directores dos centros que a continuación se relacionan, e ademais:

-Gardería infantil Relfas de Vigo:

Un oficial 1ª cociña, dous auxiliares puericultoras, e unha camareira-limpadora.

-Gardería infantil Bouzas de Vigo:

Un oficial primeira cociña, dous auxiliares puericultoras, unha camareira limpadora.

-Gardería infantil Rosalía de Castro de Vigo:

Un oficial primeira cociña, un educador, dous auxiliares puericultoras, dúas camareiras limpadoras.

-Gardería infantil Cabral de Vigo:

Un oficial primeira cociña, dúas auxiliares puericultoras, dúas camareiras-limpadoras.

-Cento de Menores San Paio de Vigo:

Un educador, un cociñeiro, unha camareira-limpadora.

-Residencia Xuvenil Altamar de Vigo:

Un oficial primeira cociña, dúas camareiras limpadoras, un ordenanza.

-Gardería infantil de Redondela:

Un oficial primeira cociña, dúas auxiliares puericultoras, unha camareira-limpadora.

-Na residencia Tempo Libre de Panxón (Nigrán):

Un gobernante/a, un recepcionista, dous cociñeiros, cinco camareiras-limpadoras, un auxiliar administrativo.

-Na Casa da Xuventude de Tui:

Un ordenanza.

Artigo 2º

O persoal que debe presta-los servicios mínimos establecidos no artigo anterior será destinado, no suposto da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais -Servicio Galego de Saúde- polos directores xerentes do centro de gasto ó que pertenzan, polos delegados provinciais das consellerías respectivas e polos directores de persoal, nos restantes supostos, publicándose os nomes dos designados nos taboleiros de anuncios dos respectivos centros de traballo

Artigo3º

O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable ós diversos colectivos.

Artigo 4ª

O disposto na presente orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal na dita situación.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

3041