Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

Consonte o acordo plenario do 29 de decembro de 1995 e co fin de dar cumprimento á sentencia número 188/1995 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no BOP da Coruña número 59, do 12 de marzo de 1996, publicouse a nova redacción do apartado 3 das bases específicas da convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de promoción interna, dunha praza de sarxento do Servicio de Extinción de Incendios, correspondente á oferta de emprego público deste concello do ano 1990.

O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1996.

O alcalde

Rubricado

2338