Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1996 pola que se fai pública a contratación dos servicios de auditoría e asistencia técnica consistente na realización dun estudio de análise, diagnóstico e proposta de mellora da actual xestión dos recursos humanos da Administración municipal.

Obxecto.-Contratación mediante concurso da auditoría e asistencia técnica para a realización dun estudio de análise, diagnóstico e proposta de mellora da actual xestión dos recursos humanos da Administración municipal.

Prezo do contrato.-O orzamento máximo dos traballos que se van realizar fíxase na cantidade de 15.000.000 de ptas (IVA incluído).

Presentación das proposicións.-No rexistro xeral do concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentos que hai que presentar.-Apartado 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións.-Ás doce horas do día seguinte hábil ó da terminación do prazo de presentación das proposicións; se coincidira en sábado, a apertura tería lugar o seguinte día hábil.

Modelo de proposición.-

Don/Dona ..., con DNI nº ... e domicilio en ...., no seu propio nome (ou en representación de ...), informado/a do concurso convocado polo Concello de Pontevedra para a contratación dun traballo de auditoría e asistencia técnica consistente nun estudio de análise, diagnóstico e proposta de mellora da actual xestión dos recursos humanos da Administración municipal segundo o anuncio públicado no Diario Oficial de Galicia, nº ... correspondente ó día ... declara coñece-lo contido dos pregos de prescricións técnicas e cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación, os cales acepta integramente, e, en consecuencia, solicita participar no concurso convocado tomando ó seu cargo a realización dos traballos obxecto do contrato, de resultar adxudicatario, con estricta suxeición ó estipulado nos pregos polo prezo de ... de pesetas (letra e número), comprometéndome á redacción e entrega do estudio no prazo sinalado nos pregos.

Dentro do prezo ofertado para a realización do estudio compréndese non só o prezo do contrato como tal, senón tamén o importe do imposto sobre o valor engadido e calquera outro que puidese gava-lo contrato.

Lugar, data e sinatura do licitador.

Pontevedra, 9 de abril de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

2409