Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1996 pola que se publica a contratación dos servicios de asistencia técnica para a realización dos traballos de elaboración e redacción dun proxecto técnico básico para a construcción dun pavillón feiral e reordenación da parcela.

Obxecto.-Contratación mediante concurso dos servicios de asistencia técnica para a realización dun proxecto básico para a construcción dun pavillón feiral e a reordenación dunha parcela sita xunto o pazo de congresos, exposicións e auditorio ás beiras do Lérez.

Prezo do contrato.-O orzamento máximo dos traballos que hai que realizar fíxase na cantiade de 10.000.000 de ptas. (IVE incluído).

Garantía provisional.-Depostiarase na caixa da corporación contratante, na forma admitida en dereito en contía de 200.000 ptas.

Presentación das proposicións.-No rexistro xeral do concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentos a presentar.-Apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións.-Ás doce horas do día seguinte hábil ó da terminación do prazo de presentación das proposicións, se concidira en sábado a apertura terá lugar o seguinte día hábil.

Modelo de proposición.-

Don/Dona ..., con DNI nº ..., e domicilio en ...., no seu propio nome (ou en representación de ...), informado/a do concurso convocado polo Concello de Pontevedra para a contratación dun traballo de asistencia técnica consistente na realización dun proxecto básico para a construcción dun pavillón feiral, segundo anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia nº ... correspondente ó día .... declara coñece-lo contido dos pregos de precricións técnicas e cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación, os cales acepta integramente, e, en consecuencia, solicita participar no concurso convocado tomando ó seu cargo a redacción do proxecto e ordenación da parcela, de resultar adxudicatario, con estricta suxeición ó estipulado nos pregos pola cantidade calculada de 10.000.000 de pesetas (letra e número), comprometéndome á redacción e entrega do proxecto básico no prazo de ... meses e a liquida-los honorarios do proxecto definitivo de acordo coas tarifas oficiais do

colexio profesional nos termos establecidos no prego aprobado para esta licitación.

Dentro da cantidade ofertada para a redacción do proxecto e ordenación da parcela compréndese non só o prezo do contrato como tal, senón tamén o importe de imposto sobre o valor engadido e calquera outro que puidera grava-lo contrato.

Lugar, data e sinatura do licitador.

Pontevedra, 9 de abril de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

2854