Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.812

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE CASTELA E LEÓN

EDICTO.

Luis Aznar Fernández, delegado territorial de León, da Xunta de Castela e León.

Fago saber que, esgotado sen resultado o trámite usual de notificacións, previsto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27-11-1992), e utilizado o procedemento previsto no nº 4 do citado artigo, comunícase que se dictou resolución sancionadora de traballo no expediente que se relaciona:

-Acta número 717/1995 á empresa Construcciones José A. Oubiña S.L., domiciliada nas Rozas Fontoira de Sanxenxo (Pontevedra), por infracción do artigo 9.3º da Lei 8/1988 do 7-4 (BOE do 15-4-1988), Resolución do 24-11-1995, impoñendo unha sanción de vintecinco mil pesetas (25.000 ptas.).

Contra a dita resolución poderán presentar recurso ordinario perante o delegado territorial de León, da Xunta de Castela e León, de acordo co artigo 53 da Lei 8/88 do 7-4 e artigos 114 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), no prazo dun mes, contado desde o día da súa publicación no boletín.

E para que lle sirva de notificación en forma á empresa antes sinalada, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en León o quince de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273