Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1996 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación de varias obras de reparación.

Cumpridos os trámites regulamentarios nos correspondentes expedientes administrativos, o Instituto Galego da Vivenda e Solo anuncia a contratación, polo sistema de concurso aberto, das seguintes obras:

-Obxecto: reparacións varias en 398 vivendas do polígono de Caranza, III fase, Ferrol, expediente C-96/REP 02.

Orzamento: 106.972.516 pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 10 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 4.278.901 pesetas.

Clasificación esixida: C-3, C-4, C-9.

Categoría do contrato: d.

-Obxecto: reparacións varias no grupo de 30 vivendas en Nogueira de Ramuín, Ourense, expediente OUR-96/REP 01.

Orzamento: 42.204.783 pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 6 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 1.688.191 pesetas.

Clasificación esixida: C-4, C-7, C-9.

Categoría do contrato: d.

-Obxecto: reparacións varias de 180 vivendas nas torres C-15, D-15, E-15 do polígono de Coia en Vigo, expediente PO-96/REP 01.

Orzamento: 63.295.179 pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 12 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 2.531.807 pesetas.

Clasificación esixida: C-4.

Categoría do contrato: d.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas que han de rexe-la contratación, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes parza o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións no Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Área Central, polígono das

Fontiñas en Santiago de Compostela, desde as 9 as 14 horas, de luns a venres.

Modelo de proposición: proposición económica, formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: a mesa de contratación reunirase en sesión pública ás 10, 10.30 e 11 horas respectivamente do décimo día natural, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas do Instituto Galego da Vivenda e Solo. De coincidir en sábado ou festivo, a mesa, reunirase o primeiro día hábil seguinte.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados na cláusula 3ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1996.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

2708