Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1996 pola que se fai público o acordo do Consello Rector que aproba as bases que rexerán na convocatoria de convenios de producción e/ou distribución de espectáculos teatrais con empresas de teatro profesionais.

Obxecto: convenio con compañías ou empresas de teatro galegas de carácter profesional para a producción e/ou distribución de espectáculos teatrais.

Orzamento: setenta e seis millóns de pesetas (76.000.000 de ptas.).

Prazo de execución: ata o 30 de abril de 1997.

As bases de convocatoria e as condicións técnicas particulares, así como o modelo de proposición, poderán ser examinados e/ou solicitado o seu envío por correo na sede administrativa do IGAEM (pavillón de Galicia, San Lázaro, apartado de correos 150, Santiago de Compostela).

A presentación de proposicións efectuaranse no rexistro xeral do IGAEM (pavillón de Galicia, San Lázaro, Santiago de Compostela), en dous sobre pechados e axustándose ó modelo que se une como anexo as bases, por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de con

tratación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Na primeira quincena de maio, unha comisión de valoración, formada por un presidente e catro vocais designados polo Consello Rector do IGAEM e elixidos entre persoas de recoñecido prestixio do mundo da cultura e das artes escénicas, estudiará as proposicións e elevará ó Consello Rector a relación de compañías coas que, de acordo cos criterios de selección, este instituto procederá a establecer convenios de producción e/ou distribución.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1996.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais

2970