Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de subministracións por concurso público, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de subministracións:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Nº de expediente:

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descripcion do obxecto: deseño e maquetación de 30.000 folletos e 6.000 carteis para a campaña de verán-96 e 15.000 folletos e 3.000 carteis para os campos de traballo, nacionais e internacionais.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 13-3-1996.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 4.400.000 ptas. (catro millóns catrocentas mil pesetas), co IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 2-4-1996.

b) Contratista: C.A. Gráfica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicacion: 3.978.800 ptas. (tres millóns novecentas setenta e oito mil oitocentas pesetas), co IVE incluído.

Santiago de compostela, 8 de abril de 1996.

P.D. (Orde 15-12-1993)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

2685