Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.797

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación en procedemento abreviado (82/1995).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no procedemento abreviado número 82/1995, dirixo a presente cédula co fin de que se proceda á súa inserción e publicación no Diario Oficial de Galicia, da sentencia que ten o encabezamento e resolución que copiado literalmente di como segue: no procedemento abreviado número 82/1995, dimanante do procedemento abreviado número 133/90, instruído polo Xulgado de Instrucción número un de Noia, polos delictos de roubo, utilización ilexítima de vehículo de motor alleo e furto, contra os acusados: José Manuel Álvarez Jiménez, nacido o 12 de febreiro de 1973, fillo de José e Antonia, natural de Santiago de Compostela e veciño da Coruña, con domicilio na r/ Vioño, nº 53, 1, esquerda ; Javier Fernández Rey, nacido o 12 de febreiro de 1973, fillo de José e María, natural e veciño da Coruña, con domicilio na r/ Cantera 10-baixo; Manuel Vilas Paz, nacido o 25 de maio de 1970, fillo de Avelino e Elsa, natural de Pontevedra e veciño da

Coruña, que ten como último domicilio coñecido a r/ Montes, nº 27, baixo; Juan José Martínez González, nacido o 27 de abril de 1965, fillo de Juan e Elena, natural e veciño da Coruña, con domicilio na r/ Comercio, número 14-1, dereita; os tres primeiros sen antecedentes penais e con antecedentes penais o cuarto, a solvencia do cal non consta e en liberdade provisional por esta

causa, defendidos polos letrados Quintana Sierra, para o primeiro; Rabuñal Mosquera, para o segundo; Corujo Martínez, para o terceiro e Ramil Martínez, para o cuarto e representados polos procuradores Merelles Pérez, para o primeiro; Riero Noya, para o segundo; Fernández Rial e López, para o terceiro e Esperanza Álvarez, para o cuarto, sendo parte o Ministerio Fiscal. Resolvo que debo condenar e condeno os acusados José Manuel Álvarez Jiménez e Javier Fernández Rey, como autores dun delicto de utilización ilexítima de vehículo de motor alleo, concorrendo en ambos a circunstancia atenuante de idade xuvenil, á pena dun mes e un día de arresto maior a cada un, con suspensión de todo cargo público e dereito de sufraxio a cada un; e, como autores dun delicto de furto, á pena de cen mil pesetas de multa a cada un, con arresto substitutorio de 16 días en caso de non pagamento a cada un, e ó pagamento por cada un dunha cuarta parte das custas.

Igualmente, debo condenar e condeno os acusados Manuel Vilas Paz e Juan José Martínez González, sen a concorrencia de circunstancias modificativas no primeiro, e concorrendo no segundo a circunstancia atenuante analóxica de arrepentimento espontáneo e a agravante de reincidencia, como autores dun delicto de utilización ilexítima de vehículo de motor alleo, á pena de seis meses e un día de prisión menor a cada un, con suspensión de todo cargo público e dereito de sufraxio a cada un, e como autores dun delicto de roubo á pena de seis meses e un día de prisión menor a cada un, con suspensión de todo cargo público e dereito de sufraxio a cada un, e, como autores dun delicto de furto, á pena dun mes e un día de arresto maior a cada un, con suspensión de todo cargo público a cada un, e ó pagamento dunha cuarta parte das custas por cada un.

Os acusados indemnizarán, solidariamente, a Juan Martínez Blanco en 5.000 pesetas polos desperfectos no seu local e a José Ventura Martínez en 11.987 pesetas polos danos causados no seu vehículo.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, prevíndoas de que contra el poderán interpoñer, perante este xulgado, recurso de apelación no prazo de dez días. Unha vez firme participaráselle ó Rexistro Central de Penados e Rebeldes para os efectos oportunos.

Así por esta miña sentencia da que se lles unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación ó condenado Manuel Vilas Paz, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaoito de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9603005