Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.797

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUIRIMENTO (98/1993).

En Santiago de Compostela o quince de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, require, para que no prazo de dez días compareza ante este xulgado, sito no polígono das Fontiñas, rúa Viena, nº 1, o penado Enrique Ynarejo Carreira, co fin de que cumpra a pena de oito días de arresto menor, así como para que faga efectiva a suma de 75.000 ptas. de multa.

E para que lle sirva de requirimento o penado Enrique Ynarejo Carreira, en paradoiro descoñecido, expido e asino este requirimento en Santiago de Compostela o quince de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

2339