Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 18 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación de expediente sancionador de epizootias 7/1996, devolto polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, a notificación de incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegacióin provincial, A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, Lugo.

Lugo, 18 de marzo de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 7/1996.

Denunciado: José Mª Varela Becerra.

DNI nº: 32.409.305.

Último enderezo coñecido: Camiño da Presa-Sigüeiro-Oroso (A Coruña).

Feitos imputados: exerce-la actividade de operador comercial (tratante) no recinto feiral de Rubián-Bóveda (Lugo), carecendo do carné de tratante.

Tipificación infracción Regulamento epizootias:

-Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196.

-Precepto sancionador: artigo 213.

-Cualificación infracción: grave.

Sanción: 50.000 ptas.

2683