Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 1996 pola que se xustifica a adquisición directa dun local para sede do Instituto Galego de Consumo.

Creado por Lei 8/1994, do 30 de decembro o Instituto Galego de Consumo, precísase o arrendamento dun local para sede deste. Razóns de extrema urxencia, por canto carece de instalacións onde desenvolve-las súas funcións de xeito independente e as limitacións do mercado inmobiliario de Santiago de Compostela á hora de ofertar un inmoble das características que se precisan, son os motivos polos que se acordou a concertación directa do arrendamento dun local para a sede do Instituto Galego de Consumo.

O que se fai público co obxecto de dar cumprimento ó artigo 55.2º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 3/1985, do 12 de abril.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1996.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

9602866