Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 18 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias 212/1995, devolto polo servicio de correos por causar baixa no apartado de correos o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, que con esta data se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe por infrac

ción á Lei de epizootias de 1952 e o seu regulamento de 1955 (modificado polo Real decreto do 7 de maio de 1976).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

Lugo, 18 de marzo de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 212/1995.

Denunciado: Saprocarne.

CIF: B27153030.

Último enderezo coñecido: Lamabranca de Coeses, Lugo.

Feitos imputados: transporte de animais no automóbil matrícula C-1046-AT, carecendo do documento de inscrición do automóbil no Servicio de Sanidade e Producción Animal para transportar animais.

Tipificación da infracción no Regulamento de epizootias:

-Precepto infrinxido: artigo 52.

-Precepto sancionador: artigo 215.

-Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 25.000 ptas.

9602570