Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 20 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores 85/1992 C e 46/1993 C incoados por infracción da normativa vixente en materia de caza, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, as resolucións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de caza 1/1970, do 4 de abril (BOE do 6 de abril) e do seu regulamento, Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE do 30 de marzo).

Os denunciados disporán dun prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, ben directamente na propia consellería (sita en Santiago de Compostela, edificio administrativo San Caetano s/n), a través desta delegación provincial (sita en Ourense, rúa do Progreso nº 161-entresollado) ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da mencionada Lei de procedemento administrativo. Transcorrido este prazo a resolución será firme.

Que no mesmo prazo do que, se é o caso, dispón para interpoñer recurso ordinario, poderá facer efectiva a sanción imposta, de non desexar impugnar, en calquera oficina de Caixa Ourense, na conta número 44/030/003918/8.

Transcorridos os prazos sinalados, sen ter constancia da interposición do recurso ou do aboamento

da sanción, procederase a notificarlle á Delegación de Economía e Facenda para o inicio da vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 20 de febreiro de 1996.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

expediente

Nome e apelidosÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecep. infrinxido

e sancionador

Sanción

imposta

85/92CPlacer Parada MoroDr. Peña Rey, 8-3º D

(Ourense)

Cazar sen permiso de couto.Art. 48.1.8 da Lei

1/1970, de caza

3.500

46/93CCarlos Fernández AraújoVirxe de Covadonga, 2,

fase 39

(Ourense)

Caza de xílgaros empregando

visgo e redes.

Art. 39.1º da Lei

4/1989, de conservación das especies naturais e da flora e fauna silvestres

10.000

2163