Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da iniciación dos expedientes sancionadores de caza C-138/1995 e C-139/1995, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artículo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle os denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a seguir, a iniciación dos correspondentes expedientes sancionadores por infracción a Lei de caza do 4 de abril de 1970 e do regulamento para a súa execución do 25 de marzo de 1971 (BOE do 30-3).

Noméase instructor do procedemento a José Ángel Madarro Río e secretaria a Mª. Consuelo Núñez Castro, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

El denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partires do seguinte o da publicación desta resolución para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda de la Muralla, 197, e presentar as alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, Lugo.

ANEXO

-Expediente: C-138/1995

Denunciado: Santiago López Fernández

DNI: 32.612.166

Último enderezo coñecido: estrada de San Xoán, 12; Ferrol-A Coruña.

Feitos imputados: practica-la caza menor portando dous cartuchos de bala, incumprindo a Orde de 9-10-1995 (DOG do 18-10), feitos constatados o día 3-12-1995 no terreo de réxime cinexético común de Muras-Lugo.

Preceptos infrinxidos: 48.3.18 do regulamento da Lei de caza.

Calificación infracción: leve.

Sanción: 2.000 pesetas de multa.

-Expediente: C-139/1995

Denunciado: Manuel Ángel Leira Pérez

DNI: 32.628.522

Último enderezo coñecido: rúa Acinteira, 1; Ferrol-A Coruña.

Feitos imputados: practica-la caza menor portando dous cartuchos de bala, incumprindo a Orde de 9-10-1995 (DOG do 18-10), feitos constatados o día 3-12-1995 no terreo de réxime cinexético común de Muras-Lugo.

Precepto infrinxido: 48.3.18 do regulamento da Lei de caza.

Calificación infracción: leve.

Sanción: 2.000 pesetas de multa.

Lugo, 27 de marzo de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9602161