Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 10 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, sobre urxente ocupación de bens e dereitos para o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3973 A.T., anexo).

Polo Decreto 116/1996, do 7 de marzo, da Xunta de Galicia, publicado no DOG nº 60 do 25 de marzo de 1996, concedéronselle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. os beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto incluído no Plan Mega, que se cita máis adiante, impoñéndose a servidume de paso de enerxía eléctrica co alcance do artigo 4 da Lei 10/1966, do 18 de marzo.

Seguindo os trámites regulamentados establecidos no artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa, faise saber que transcorridos oito días desde a última das publicacións previdas na consecuencia 2ª do devandito texto legal, e nas datas e horas que constan nas notificacións que se practican a cada un dos interesados, o representante da Administración procederá a levantar sobre o terreo as actas previas á ocupación, trámite ó que deberán asisti-los titulares de bens e dereitos afectados, persoalmente ou debidamente representados, podéndose acompañar, se así o consideran conveniente, e pola súa conta, dos seus peritos e un notario.

A declaración concreta e individualizada dos interesados e dos seus bens afectados, na que tamén figuran as datas e horas nas que se levantará a acta previa de cada parcela, exponse nos taboleiros de

edictos desta delegación provincial e dos respectivos concellos.

a instalación comprendida no expresado decreto da Xunta de Galicia é a seguinte:

Decreto 116/1996.-Liña eléctrica aérea a 20 kV Penas Albas-Tamallancos (2ª fase), de 152 metros de lonxitude, en conductor LA-110, ata o C.T. en caseta existente en Tamallancos (Vilamarín). Expediente nº 3973-Anexo-A.T.

Ourense, 10 de marzo de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2661