Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 28 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se lle notifica a Olga Pérez Pereira a resolución da devandita delegación recaída no expediente de expropiación forzosa mediante procedemento de taxación conxunta para executa-lo proxecto de urbanización da rúa Río Barra-As Eiroas do concello de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, unha vez intentada a notificación, mediante carta certificada con xustificante de recepción, a Olga Pérez Pereira, da resolución desta consellería de data 22 de decembro de 1995, recaída no expediente do Servicio de Urbanismo e Arquitectura de Ourense 212/1995, sobre expropiación forzosa, mediante procedemento de taxación conxunta dos terreos necesarios para executa-lo proxecto de urbanización da rúa Río Barra-As Eiroas do concello de Ourense; e, non podéndose practicva-la dita notificación por resultar descoñecido o domicilio da interesada, por medio do presente anuncio notifícaselle que o delegado provincial desta consellería, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, segundo Orde do 27 de setembro de 1995 (DOG 194 do 9

de outubro) e sobre o sinalado expediente 212/1995, adoptou a seguinte resolución:

Aproba-la tramitación do expediente de expropiación de taxación conxunta dos terreos necesarios para executa-lo proxecto de urbanización da rúa Río Barra-As Eiroas, do concello de Ourense, notificándollo así ó respectivo concello e ós interesados titulares de bens e dereitos que figuran nel, de acordo co disposto no artigo 219 do vixente TRLS e 202 do Regulamento de xestión urbanística, coa advertencia de que a dita aprobación produce os efectos determinados no artigo 220 del citado TRLS (Real decreto lexistlativo 1/1992, do 26 de xuño). Igualmente noitifícaselle que de acordo co disposto no artigo 219.7º do citado TRLS, dentro do prazo de vinte días, contados a partir desta publicación, poderá formular ante esta delegación as alegacións que se estimen oportunas referentes á valoración establecida no expediente aprobado.

Ourense, 28 de marzo de 1996.

José Elier Ojeda Ureña

Delegado provincial de Ourense

2856