Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 23 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifican as propostas de resolución que formula a instructora dos expedientes sancionadores de pesca fluvial que se citan, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios (5/1995P e dous máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 51 do 5-8-1992).

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Progreso nº 161, entresollado e presenta-los descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

Vistas tódalas actuacións, o órgano competente por razón do tipo de infracción presuntamente cometida, consonte o establecido no artigo 12 da LRXPA e no 40.3º la Lei 7/1992, de pesca fluvial, dictará a resolución que será notificada oportunamente.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO

-Nº Expte.: 5/95P

Nome e apelidos do denunciado: Litomega, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Venezuela, 14 (Vigo).

Feito denunciado: Vertidos ás augas.

Precep. infrinxido e sancionador: artigo 35.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sancion proposta: 500.001

-Nº Expte.: 128/95P

Nome e apelidos do denunciado: Florentino Alonso Vázquez.

Último enderezo coñecido: Feás (Boborás).

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Precep. infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sancion proposta: 50.001

-Nº Expte.: 168/95P

Nome e apelidos do denunciado: Hordescon, S.L.

Último enderezo coñecido: Veigachá (Xunqueira de Espadanedo).

Feito denunciado: desprendemento de rochas ó leito do río.

Precep. infrinxido e sancionador: artigos 34.22º, 35.9º, 35.10º, 40.4º e 44 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sancion proposta: 1.000.000

2162