Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1996, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se anuncia contratación por concurso público, sistema aberto, da asistencia técnica para a elaboración e deseño do plan de medios de emisión en programas de máxima audiencia en emisoras de televisión de difusión nacional da campaña institucional Ven a Galicia, en Outono Mellor.

Orzamento da asistencia técnica: 14.995.000 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1996.

Fianza provisional: non se esixe.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte día da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 4.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica, a establecida na cláusula 4.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas, a establecida na cláusula 4.2 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Secretaría Xeral de Comunicación a partir das 12 horas do décimo primeiro día natural seguinte o do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser adquirida en Tórculo Artes Gráficas, S.L., rúa Rosalía de Castro 45, baixo, Santiago de Compostela, teléfono 59 26 00.

Clasificación das empresas licitantes: ó abeiro da Orde do 24-11-1982, modificada pola do 30-1-1991, o adxudicatario deste contrato deberá dispor da clasificación seguinte: grupo III , subgrupo 3, categoría B.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1996.

P.D. (Orde 26-3-1992)

Jesús Pérez Varela

Secretario xeral de Comunicación

2650